Gastrolab Arousa

Gastrolab Arousa Catering, formación, experiencias gastronómicas, campañas de promoción y difusión de productos

25/10/2026

Excelente fin de festa o que tivemos onte en Meis co espazo do Mercado de Abastos de Mosteiro cheo ata a bandeira.

Ninguén quedou sen degustar as propostas da xornada final de Saberes con Sabor: “Focaccia de rosbif con salsa de mel e mostaza”, “Carneiro a baixa temperatura con verduriñas salteadas con aliño asiático” e “Chulas de cabaza especiadas”.

As mostras de cociña remataron aquí, pero aínda podedes ver o arquivo completo de fotografías históricas da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla na nosa web, saberesconsabor.es

24/10/2026

Saberes con Sabor pasou por Pontecesures facendo unha homenaxe aos baleiros do río Ulla.

No showcooking deste concello non faltou a lamprea e tampouco o salmón. Os asistentes puideron degustar estes dous peixes tan vencellados á historia do municipio en forma de “Empanada de millo de lamprea á bordalesa” e “Ssam de salmón curado con cebola encurtida”.

Tamén tivemos exposición e, unha vez máis, houbo quen recoñeceu a familiares nas fotografías históricas que recollen os oficios tradicionais ao longo da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

23/10/2026

Saberes con Sabor deixou hoxe unha sensación moi doce ao seu paso por Rois 😋

As participantes deste showcooking saborearon dúas propostas que puxeron o foco nos produtos locais: “Brioche de costela de vaca a baixa temperatura con maionesa de sriracha e Galmesán” e “Biscoito de castaña con licor café e sopa de chocolate con aceite e sal”.

Tamén tivemos a exposición fotográfica que recolle imaxes históricas dos oficios tradicionais da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Moitas grazas a todas as asistentes polo seu interese e por acompañarnos nesta actividade! 🤗

A última parada de Saberes con Sabor na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla será o sábado pola tarde en Mosteiro (Meis) 🍽️📸...
23/10/2026

A última parada de Saberes con Sabor na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla será o sábado pola tarde en Mosteiro (Meis) 🍽️📸

Xa non quedan prazas dispoñibles para o showcooking, pero convidámosvos igualmente a achegarvos ao Mercado de Abastos de Mosteiro ás 18:00h para ver a actividade e a exposición de fotografías históricas que recollen oficios e procesos produtivoss tradicionais neste itinerario xacobeo.

🗓️ Sábado 24 de outubro
⏰ 18:00 h
📍 Mercado de Abastos de Mosteiro (Meis)

Este domingo ás 12h na Feira da Ponte Ulla, Concello de Vedra.
21/10/2026

Este domingo ás 12h na Feira da Ponte Ulla, Concello de Vedra.

🤔 Canto sabes dos sabores de Galicia? 🍽️

Este domingo ás 12h, o desafío de Credencial Gastro chega á Feira da Ponte Ulla para poñer a proba o teu padal.

Haberá degustación gratuíta de tapas elaboradas con produtos de calidade certificada. 🔎 Identificar os 3 produtos con selo de calidade de cada tapa terá premio! 🎁

1️⃣ Elixe unha credencial: carne, peixe, vexetal ou doce.
2️⃣ Saborea a tapa e identifica os 3 produtos con selo de calidade que contén.
3️⃣ Sela a credencial. Se acertas, poderás gañar desde agasallos promocionais ata un lote de produtos de calidade diferenciada certificada 🎁

📅 Domingo 25 de outubro
🕛 A partir das 12:00 h
📍 Feira da Ponte Ulla, Concello de Vedra

☝️ Credencial Gastro é un proxecto do programa O Teu Xacobeo, cofinanciado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Aquí Sabemos, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Concello de Vedra Agacal - Experiencias de Calidade de Galicia Gastrolab Arousa Oh My Word

20/10/2026

Feliz día a todos os compañeiros e compañeiras que fixeron da súa paixón oficio. Feliz Día Internacional do Chef 👨‍🍳

Continúa o noso percorrido pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla e o sábado estaremos en Pontecesures! 🍽️📸Será ás 12:00 ...
19/10/2026

Continúa o noso percorrido pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla e o sábado estaremos en Pontecesures! 🍽️📸

Será ás 12:00 h no Antigo Matadoiro e, coma sempre, teremos mostra de cociña en directo co cociñeiro Miguel Mosteiro, con produtos locais, e exposición de fotografías históricas. Prazas limitadas, non quedes sen a túa! 🙋

🗓️ Sábado 24 de outubro
⏰ 12:00 h
📍 Antigo Matadoiro (ao carón da Praza de Abastos), Pontecesures
📲 Inscrición gratuíta no 619 669 788 (chamada ou WhatsApp)

Todas as fotografías, en saberesconsabor.es

Continúa o noso percorrido pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla e o próximo venres estaremos en Rois 🍽️📸 Será ás 18:30h...
18/10/2026

Continúa o noso percorrido pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla e o próximo venres estaremos en Rois 🍽️📸

Será ás 18:30h no Edificio Multiúsos e, coma sempre, teremos mostra de cociña en directo con produtos locais e exposición de fotografías históricas. Aínda quedan prazas, non quedes sen a túa! 🙋

🗓️ Venres 23 de outubro
⏰ 18:30 h
📍 Edificio Multiúsos, Rois
📲 Inscrición gratuíta no 619 669 788 (chamada ou WhatsApp)

17/10/2026

Así foi o noso segundo showcooking con exposición, onte en Catoira 👨‍🍳📸

Tivemos uns asistentes moi participativos que, grazas ás súas preguntas e consultas, levaron todos os segredos das elaboracións da xornada: “Ensaladilla amostazada con salmón curado en remolacha” e “Solla con grelos e cachelos”.

Unha homenaxe á tradición da pesca no Ulla e no seu estuario, pero tamén ao traballo no campo, e unha reflexión sobre a importancia de facer un consumo responsable das especies locais.

🍽️📸 Saberes con Sabor chega a Catoira!Este venres ás 19h temos un novo showcooking con exposición. A cita será na Sala C...
13/10/2026

🍽️📸 Saberes con Sabor chega a Catoira!

Este venres ás 19h temos un novo showcooking con exposición. A cita será na Sala Celso Emilio Ferreiro, do Edificio Multiusos de Catoira.

Prepararemos dous pratos con produtos locais, que poderás degustar de forma totalmente gratuíta. Tamén falaremos dos oficios tradicionais da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla a través dunha exposición de fotografías históricas.

🗓️ Venres 16 de outubro
⏰ 19h
📍Sala Celso Emilio Ferreiro (fronte á Biblioteca)
✅ Inscrición gratuíta no 619 669 788 (por teléfono ou Whatsapp)
⚠️ Prazas limitadas!

Concello de Catoira

Dirección

Avenida De La Constitución 89
Boiro
15930

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Gastrolab Arousa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría