24/10/2026
A cor vai na porta, non na parede. É o que máis lle repetimos á xente que quere saír do branco e non se atreve.
Pintar unha parede de verde compromete a estancia enteira. Se dentro de dous anos cansa, hai que repintar, e para repintar hai que baleirar medio salón. Ese mesmo verde na fronte dun moble é outra cousa.
Ocupa moito menos e aínda así vese máis, porque vai enmarcado en madeira e en branco. E o día que canse, cámbiase unha porta, non unha parede. Neste conxunto o verde savia está só nas frontes, sempre contra carballo natural, e o resto da sala queda en branco, ese é todo o truco.
E ven ver o acabado contra a madeira real: por pantalla a cor engana sempre.