PROMOVE

PROMOVE Estudio de arquitectura, urbanismo, paisaxismo, decoración de interiores e rehabilitación. Xestión integral de proxectos en Lalín

Promove desenvuelve sus trabajos en las áreas de gestión Urbanista y de Obra. Es un concepto innovador, cuyas actividades principales se centran en el desarrollo integral de proyectos. Resultado de una visión emprendedora a la que se une una experiencia acumulada de su equipo, nace con el objetivo de dar respuesta a las necesidades que surgen de iniciativas particulares o empresariales. Opera en distintos ámbitos del sector inmobiliario ofreciendo un servicio integral y de calidad, para lo que conta con un un equipo de profesionales acreditados y cualificados, así como con las mejores colaboraciones en las distintas áreas de trabajo.

Materia, luz e identidade.A reforma de Florería González busca crear un espazo coherente coa esencia da súa actividade, ...
14/10/2026

Materia, luz e identidade.

A reforma de Florería González busca crear un espazo coherente coa esencia da súa actividade, no que materiais, vexetación, iluminación e deseño interior comparten unha mesma linguaxe.

Un proxecto no que o detalle, a materialidade e a execución forman parte dunha única idea.

Gracias ARELA Construcción Técnica polo voso gran traballo 🫶

Hai unha semana inaugurábase a rehabilitación integral do IES Lucus Augusti, un edificio emblemático de Lugo que agora a...
08/10/2026

Hai unha semana inaugurábase a rehabilitación integral do IES Lucus Augusti, un edificio emblemático de Lugo que agora afronta unha nova etapa sen perder a súa esencia.

Un proxecto que une patrimonio, arquitectura, eficiencia e futuro, no que tivemos a oportunidade de participar.

Grazas ao conselleiro Román Rodríguez por acompañarnos na inauguración e a Aida Janeiro, da nosa equipa, por representar a Promove neste día tan especial. 🤍

Arquitectura é moito máis que construír.É respectar.É transformar sen esquecer.É escoitar o lugar.É coidar a paisaxe.É c...
05/10/2026

Arquitectura é moito máis que construír.

É respectar.
É transformar sen esquecer.
É escoitar o lugar.
É coidar a paisaxe.
É crear espazos para vivir, encontrarse e deixar pegada.

Hoxe celebramos a arquitectura que entende que cada lugar ten unha historia e que cada proxecto ten algo novo que contar.

Feliz Día Mundial da Arquitectura. 🤍

Fraga do Alén é o Mellor Cemiterio de España 2026 🏆Hoxe celebramos con enorme ilusión que Fraga do Alén, o proxecto de a...
02/10/2026

Fraga do Alén é o Mellor Cemiterio de España 2026 🏆

Hoxe celebramos con enorme ilusión que Fraga do Alén, o proxecto de ampliación do cemiterio da Romea, en Lalín, foi recoñecido con dous primeiros premios no X Concurso de Cemiterios de España: Mellor Cemiterio 2026 e Premio Natureza Viva.

Recoñecementos que nos emocionan porque detrás deste proxecto hai moito máis que arquitectura. Hai unha maneira de entender o lugar, de respectar a paisaxe e de deixar que a natureza forme parte da propia intervención.

Para todo o equipo formado por PROMOVE & e ver recoñecido así un proxecto no que puxemos tanto traballo, compromiso e ilusión é unha enorme alegría.

Grazas ao Concello de Lalín, as concelleiras Carmen Canda e Paz Pérez, que estiveron connosco na entrega, e a todas as persoas que fixeron posible que Fraga do Alén sexa hoxe unha realidade.

Dous premios que recibimos con orgullo.
E, sobre todo, cunha enorme ilusión por seguir facendo arquitectura que teña sentido. 💚

Que orgullo ver medrar un proxecto no que puxemos tanto cariño. ❤️Hoxe celebramos que Embutidos Lalinense sexa finalista...
30/09/2026

Que orgullo ver medrar un proxecto no que puxemos tanto cariño. ❤️

Hoxe celebramos que Embutidos Lalinense sexa finalista nos Premios Comercio Galego 2026.

Desde Promove tivemos a oportunidade de dar forma á súa arquitectura e ao seu espazo, buscando que a súa identidade, a súa maneira de entender o comercio e a súa conexión co rural se sentisen tamén en cada recuncho.

Porque deseñar un espazo é moito máis que crear un lugar bonito. É entender unha historia, unha forma de facer e todo o que está por vir.

Parabéns por esta merecida nominación.
E moita sorte o día 27! 🍀

Para nós, formar parte deste proxecto xa é un premio.

Unha nova vida para a historia.A Casa Don Álvaro recupera o seu espazo,a súa esenciae o seu lugar no presente.✍️ Proxect...
25/09/2026

Unha nova vida para a historia.

A Casa Don Álvaro recupera o seu espazo,
a súa esencia
e o seu lugar no presente.

✍️ Proxecto de Javier Bugallo
📷 Interiores
📍Lalín

22/09/2026

Unha porta aberta ao Galicia Suroeste.
Remata unha obra.
Comeza un novo lugar para acoller, descubrir e conectar co territorio.

📍Centro de Visitantes de Galicia Suroeste en Tomiño

A calidade dunha obra non só se define no proxecto: tamén se comproba durante a súa execución.Neste caso realizamos test...
14/09/2026

A calidade dunha obra non só se define no proxecto: tamén se comproba durante a súa execución.

Neste caso realizamos testigos e ensaios de arrincamento dos ancoraxes dun sistema SATE (Sistema de Illamento Térmico polo Exterior) directamente sobre o soporte real da fachada.

Como se aprecia nas imaxes, próbanse distintas fixacións sobre a fábrica existente para comprobar a súa resistencia e verificar que o ancoraxe previsto é axeitado antes de xeneralizar a súa execución no conxunto da fachada.

Este tipo de controis forman parte das visitas de obra: comprobar, medir e contrastar o executado, detectando posibles incidencias a tempo e garantindo unha calidade construtiva contrastada.

📍 IES ALLER ULLOA (LALÍN)

Facer lugar para encontrarnos.A pedra como punto de partida.Unha praza que se adapta, acollee devolve vida ao corazón de...
10/09/2026

Facer lugar para encontrarnos.
A pedra como punto de partida.
Unha praza que se adapta, acolle
e devolve vida ao corazón de Rodeiro.

Dirección

Rúa Nuno Eanes De Cercio 24/Baixo 3
Lalín
36500

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34986792361

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PROMOVE publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a PROMOVE:

Atajos

Compartir