03/11/2026
Hoxe levámosvos ata o barrio de Teis, en Vigo, onde se levou a cabo unha reforma integral dunha vivenda na que tivemos o pracer de participar, encargándonos da cociña. 🏡
Un espazo aberto ao salón, pensado para gañar amplitude, luminosidade e funcionalidade, no que integramos unha cómoda mesa para almorzos, comidas rápidas ou simplemente para compartir momentos en familia. ☕🤍
No deseño xogamos coa combinación do acabado Cachemire e a calidez do Roble Denver, conseguindo un ambiente acolledor, elegante e atemporal.
Como toque final, escollemos a encimera Torono Oro de Ascale, cuxas delicadas vetas achegan personalidade e un punto de sofisticación ao conxunto.
Unha cociña na que deseño e funcionalidade van da man, pensada para vivir e desfrutar cada día. ✨