26/10/2026
🚀🔥 TECH CREATIVE JAM 2026: TECNOLOXÍA A TOPE!
💡 E se puideses transformar as túas ideas en proxectos reais experimentando con novas tecnoloxías?
Desde Vida Láctea, no marco do proxecto europeo LIRES, traemos a Lugo a Tech Creative Jam, un hackathon xuvenil para aprender, experimentar e crear en equipo. 🤖💡
⚡ Que che espera?
🔸 Corte láser e impresión 3D
🔸 Creación de videoxogos 🎮
🔸 Electrónica e circuítos
🔸 Personalización téxtil 👕
🔸 Marketing dixital e presentación de ideas 🎤
🔸 Retos creativos, mentores e traballo en equipo
🏆 Ademais, poderás presentar o teu proxecto e optar a premios e á incubación LIRES!
📅 14 e 15 de novembro de 2026
📍 C.R. Lug2, Lugo
👥 Para mozos e mozas de 16 a 30 anos
🎉 Participación totalmente gratuíta!
🙌 Non necesitas ser experto/a en tecnoloxía. Só tes que traer ganas de aprender, experimentar e compartir ideas.
🌐 Inscríbete en: www.lires.eu/techcreativejam
💥 APRENDE. EXPERIMENTA. CREA. COMPARTE.
O futuro tamén se constrúe desde o rural. 🌱🚀
🇪🇺 O LIRES é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg España–Portugal (POCTEP).